A Curtidoría do arroz

Maio 13, 2013 en Quetomatomas

Ñaka,ñaka cigalas do país (se algunha queda), ourizos do mar de Carnota e arroz carnaroli…xuntos por primeira vez para a estrea dun arroz mundial, o da santiaguesa Curtidoría. Este, ben o sabedes non é un blog de receitas pero como decidín facela e saiú ben pois, veña, para vós. Cazola. Fritimos o branco do allo-porro con aceite. Botamos o arroz (250gr.) para que rompa. Flambeamos con brandy e sazonamos. Botamos a carne de cinco ourizos. Poñemos o dobre de caldo de peixe que de arroz e cando ferva engadimos as cigalas e unhas frebas de azafrán. Cinco minutos a lume forte e logo a lume maino 20 minutos máis…e ao forno ata que colla o punto. Rico estaba pero non tanto como cando o fan os profesionais. Volverei!

Comparte

Os ovos de Centeno

Maio 9, 2013 en Quetomatomas

Nunca me interesaron os cociñeiros con estrela que se agochan entre os fogóns para mirar os trofeos ás agachadas. Son máis dos que, sen ningunha necesidade (o con ela) e fuxindo das gabanzas debilitadoras, percorren novos camiños cara o descoñecido. Rafa Centeno trocou a céntrica Alameda viguesa polas periféricas Sete Torres. Un lugar co encanto do clandestino e coa elegancia do que sabe presentar un bo produto. Na carta da súa nova andaina non hai grandes sorpresas nin foguetes de artifico, so fidelidade ás raíces e gusto pola esencia. O sinátrico Ovo ó meu xeito con lagostino conseguiu espertar no meu padal o xogo dos sabores menos aristocráticos, pero moito máis divertidos e saborosos. Rafa, benvido a periferia e moita sorte co teu Maruja Limón!

Comparte

As fotos máis doces

Marzo 4, 2013 en Porcalladas confesables

Un pequeno proxecto, pero profesional, dos que me gustan, porque ademais do bo aspecto o sabor acompaña. Ana e Nano, Jose e Sonia. Dous anos despois triunfan por encarga. Casa O Pomar é un pequeno obrador nunha antiga casa rural en Vilaboa, Pontevedra. Contan con ingredientes de primeira e Rexistro Sanitario, algo pouco habitual. Tampouco usan compostos ou mixes para os biscoitos. Andan no boca a boca, no facebook e no blog www.dulceycia.blogspot.com. Nestes días abren unha web de produto no site www.dulceycia.com. Moita sorte!

Este mini post é o meu reencontro co blog (algo esquecido, seino) e quen sabe se o camiño de volta aos sabores máis tradicionais da repostería máis galdrumeira. Estou de volta.

Comparte

Pepe Barroso, CNN oil report

Outubro 1, 2012 en Gastronomías secundarias

Coñecín a Pepe Barroso nos tempos nos que os deportes da Galega estaban cheos de partidos de Champions, Uefa, Liga e Copa do Rei. Aquel correspondente en Ourense, seguidor incondicional do Betis, acabou sendo unha referencia para os informativos de CNN+.

O seu particular estilo, elegante e divertido, levouno anos despois ao terreo gastronómico cunha serie de produtos dignos de mención. Creo que as olivas, polo que me di Miguel Vila en Colineta, están soberbias, galegas e ricas, todo un descubrimento. Agora non están en temporada, pero prometeu unha mostra para dar conta delas.

Do que si podo falar é do aceite de oliva virxe extra Eidos de Iria, con recendo a mazá e un chisco de picante que lonxe de amolar semella darlle aínda máis vida a este ouro líquido ourensá. Creo que Pepe, máis aló de ver algún día unha final de Copa do Rei entre o Betis e o Ourense, acaba de pechar un soño: poñer no mercado un produto galego de primeira. Cando os romanos sementaron os olivos no Val de Monterrei e na serra do Xurés igual non contaban con este intrépido xornalista, aventureiro e gastrónomo advenedizo.

Pepe, noraboa por este aceite de ensalada, de pan de Cea,  de peixe fritido ou de lacón es liscos con pemento picante…por non falar do polbo. Lembro coma se fora hoxe unha mítica frase súa falando dos representantes de fútbol, “tipos capaces de mergullarse nun cubo de lixo por un billete de cinco euros”. Eu aínda iría máis abaixo por unha destas latas. Sorte amigo!

Comparte

Galeguesas, fast good postvacacional

Setembro 14, 2012 en Porcalladas confesables

Perdón a todos polo abandono, pero a miña vida profesional non me deixou tempo para atender este blog que con tantos folgos iniciei antes do verán e, sobre todo, perdón aos que me axudaron a montalo, sen o seu apoio igual non volvería a escribir. Grazas a todos pola paciencia e pola comprensión. Así que, despois dunhas inmerecidas vacacións quería falar de fast good.

Chegou a revolución da carne moída a Galicia? Pode que si, camaradas. Celanova é un exemplo moi claro, pero seguro que haberá máis e estou agardando por eles.

Roberto Álvarez cambiou a súa vida de chatarreiro en Madrid pola de gandeiro na  parroquia de Santiago de Amoroce, en Celanova. As súas Galeguesas son unhas hamburguesas ecolóxicas feitas con carne moída e prensada de vaca Salers, adubadas logo con  especias naturais. Comida rápida, si, pero ecolóxica e de extraordinaria calidade.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Agora ten 167 cabezas, unha sala de despece e unha tenda no mercado onde vende o seu produto. Tranformou 32 hectáreas que farían as delicias de calquera pirómano en terra cultivable.Facenda O Agro é o froito do maxín de Roberto e a solidarieade dos veciños da zona. En Amoroce non houbo lumes e, posiblemnete non os haberá. Se cadra so se agarda por ese lume maino que tan ben feitiñas deixa as galeguesas. Un produto sinxelo, rápido e de calidade contra a síndrome postvacacional. Unha aperta e perdón a todos.

 

Comparte

El imperio de don Satiro, sin acento

Xullo 18, 2012 en Gastronomías secundarias

Me gusta contar historias que me cuentan, así que ahí va la de mi amigo de César Jiménez.La historia la inicia Satiro Castro ( sin acento, como decía él) a finales de la primera mitad del siglo pasado. Lo primero que hace es montar el Bar Castro, que todavía sigue en la calle principal de Caldas, enfrente del cine. Eran famosos sus bocadillos de raxo para los que salían del cine. Actualmente lo regenta Lela, la nieta de Satiro.

Dos de sus hijos siguieron la rama hostelera casi inmediatamente. Celina abrió La Ruta, casi enfrente del Castro separado del cine por un callejón, conocido por lo camioneros por su amplio horario y sus cocidos. Al fallecer Celina su hijo Chicho dejó el negocio y actualmente es un kiosco.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Al mismo tiempo José, otro de los hijos de Satiro, montó en Carracedo, a la salida de Caldas, nada más pasar la salida de la autopista norte, la churrasquería que ahora se llama Antonio, el nombre de su yerno. Actualmente lo regenta el bisnieto de Satiro, Vicente.

Leer o resto da entrada →

Comparte

Os 6 “must eat” do verán galego

Xullo 12, 2012 en Quetomatomas

Xa o di unha páxina en Facebook, “Me encanta el verano en Galicia. Es mi día favorito del año” . Este ano comezamos xullo con choiva e ceos anubrados, pero imos pensar en positivo: ó mal tempo boa comida! Para compensar que seguimos todos branquiños e non podemos gozar nin de baños no Atlántico nin dunha boa cervexa tras unha tarde de calor, imos facer un pequeno percorrido polos “must eat” do verán galego.

Restaurante El Pasaje

1.Camaróns

Un básico imprescindible. Segundo o tamaño non apto para tódolos petos pero sen dúbida un manxar.

 

Foto do restaurante El Pasaje

 

Leer o resto da entrada →

Comparte

Letralletas y gallezojas, qué ricas!

Xullo 10, 2012 en Quetomatomas

¿Qué tienen en común la Feria Medieval de Villalba y la cata de carajillos de Marqués de Vizhoja? Pues unas galletas tan ricas como divertidas, tan sencillas como sabrosas y, sobre todo, poco convencionales.

Leer o resto da entrada →

Comparte

Arqueixal, o queixo da aldea

Xuño 28, 2012 en Quetomatomas

Poderiamos vivir nunha aldea sen saber o que é a prima de risco ou o rescate financeiro? En Arqueixal, o meu colega Luis pensa que sí. Que se pode vivir nunha casa na que os colchóns están feitos con follas secas de millo, un curral no que as galiñas, ademais de compañía, dean ricos ovos e pitos. Pero o respecto pola tradición non ten que estar pelexado cos avances propios da producción ecolóxica de lácteos.

Leer o resto da entrada →

Comparte

You&Me: albariño rules!

Xuño 27, 2012 en TendenZas

 

Aquí vos deixo esta proposta vibrante que ven dereitiña das terras do Salnés, nas Rías Baixas. Pensabades que o viño non podía ser underground? Pois si! Vinilos e albariño, unha combinación moi apetecible sobre todo fresquiño para as tardes de verán, escoitando de fondo á Velvet Underground nun tocadiscos.

Esta proposta fresca e aloucada da D.O. Rías Baixas, ademais de ser esteticamente moi atractiva, traeranos á nariz un regusto a froitas como o albaricoque ou a mazán, cítricos e a herbas aromáticas. É suave, meloso ó gusto e amarelo con tintes verdes á vista.

Toda unha invitación, como eles mesmos din, a gozar da vida, da compañía e da festa.

Imos a pensar con que maridar con esta proposta. Quizais o máis recomendable sería atopar un bo pescado vintage para a ocasión.

Bo comezo de verán camaradas!

 

Máis información sobre You&Me : http://youandmewine.com/you-and-me-wine/

Comparte